Lunes, 12 Noviembre 2018
Adxudicacións definitivas


MELLORA DA ACCESIBILIDADE-SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NO CONTORNO E NA CASA DO CONCELLO: ITINERARIO (ADAPTACIÓN DE BEIRARRÚA-VAO PEONIL E CONSTRUCCIÓN DA RAMPLA DE ACCESO PDF Imprimir E-mail
Jueves, 19 de Julio de 2018 14:54

 

 

Vista a Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (Diario Oficial de Galicia nº 151 de 09/08/2017).

Vista a Resolución dictada polo Conselleiro de Política Social de data 31/12/2017 mediante o cal se acorda conceder unha axuda por importe de 27.853,40€ (vinte e sete mil oitocentos cincuenta e tres euros con corenta céntimos) para un investimento total de 39.790,57€ (trinta e nove mil setecentos noventa euros con cincuenta e sete céntimos) co fin de levar a cabo a actuación: Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso). O importe concedido estará cofinanciado con fondos Feder (Unha maneira de facer Europa) no programa operativo Galicia 2014-2020 nunha porcentaxe do 80% obxectivo temático 9 – Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquer forma de discriminación, prioriodade de investimento 9.7 – Investimento en infraestrutura sanitaria e social que contribùa ao desenvolvemento nacional, rexional e local e á reducción das desigualdades sanitarias, ao fomento da inclusión social mediante un acceso mellorado aos servizos sociais, culturais e recreativos e a transición dos servizos institucionais aos servizos locais-, obxectivo específico 9.7.1 – Investimento en infraestrutura social e sanitaria que contribúa ao desenvolvemento nacional, rexional e local e reduza as desiguladades sanitarias e transición dos servizos institucionais aos servizos locais. A categoría da intervención é a 055 (“Outra infraestrutura”) e a actuación 9.7.1.3: “Conversión e adaptación de vivendas e infraestruturas de servizos sociais a un modelo de accesible e acorde coas innovacións sociais e demandas da sociedade, así como a creación e habilitación de espazos públicos de formación, captación e investigación”.

 

PO FEDER “Unha maneira de facer Europa”

Visto o proxecto relativo á actuación Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: Itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso), proxecto denominado MELLORA DE ACCESIBILIDADE, SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NO ENTORNO DA CASA DO CONCELLO DE GUNTIN, redactado polo Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, D. Francisco Barea Paz (Squadra Global, s.l.) no que o orzamento total ascende á cantidade de 39.790,57€ (trinta e nove mil setecentos noventa euros con cincuenta e sete céntimos), dos que 32.884,77€ (trinta e dous mil oitocentos oitenta e catro euros con setenta e sete céntimos) se corresponden ao prezo base e 6.905,80€ (seis mil novecentos cinco euros con oitenta céntimos) ao I.V.E.

Visto que foron convidadas as tres empresas que a continuación se relacionan:

- PROXECTA, OBRAS E SERVICIOS, S.L

- OGASAVIALES DE LUGO, S.L

- GLOBALSER SOLUCIONES INTEGRALES, S.L

Visto qua as tres empresas convidadas presentaron en forma e prazo a documentación requerida na proposta de invitación.

Vistas as propostas económicas presentadas por cada unha delas, que son as que a continuación sen reproducen:

- Proposta presentada pola empresa GLOBALSER SOLUCIONES INTEGRALES, S.L.U., con C.I.F.: B32484305, a cal se compromete a executar a actuación: Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso polo importe total de 39.690,00€ (Trinta e nove mil seiscentos noventa euros) dos que 32.801,65€ (Trinta e dous mil oitocentos un euros con sesenta e cinco céntimos) se corresponden ao prezo base e 6.888,35€ (seis mil oitocentos oitenta e oito euros con trinta e cinco céntimos) ao (I.V.E.).

- Proposta presentada pola empresa OGASAVIALES DE LUGO, S.L. con C.I.F.: B27291038, a cal se compromete a executar a actuación: Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso) polo importe total de 39.600,00€ (trinta e nove mil seiscentos euros) dos que 32.727,27€ (trinta e dous mil setecentos vinte e sete euros con vinte e sete céntimos) se corresponden ao prezo base e 6.872,73€ (seis mil oitocentos setenta e dous euros con setenta e tres céntimos) ao (I.V.E).

- Proposta presentada pola empresa PROXECTA, OBRAS E SERVICIOS, S.L., con C.I.F.: B32473308, a cal se compromete a executar a actuación: Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso) polo importe total de 39.500,00€ (trinta e nove mil cincocentos euros) dos que 32.644,63€ (trinta e dous mil seiscentos corenta e catro euros con sesenta e tres céntimos) se corresponden ao prezo base e 6.855,37€ (seis mil oitocentos cincuenta e cinco euros con trinta e sete céntimos) ao (I.V.E.).

Visto o artigo nº7 da Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018, di que a resolución de adxudicación recaerá na proposta económica máis vantaxosa.

Visto que a proposta económica máis vantaxosa foi a presentada pola empresa PROXECTA OBRAS E SERVICIOS, S.L. con  C.I.F.: B32473308, é polo que no uso das atribucións que me confire o apartado primeiro da D.A. SEGUNDA do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011 de 14 de novembro.

ACORDEI:

Primeiro: Adxudicar a actuación: Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso) á empresa PROXECTA OBRAS E SERVICIOS, S.L. con C.I.F.:B32473308 polo importe total de 39.500,00€ (trinta e nove mil cincocentos euros) dos que 32.644,63 (trinta e dous mil seiscentos corenta e catro euros con sesenta e tres céntimos) se corresponden ao prezo base e 6.855,37€ (seis mil oitocentos cincuenta e cinco euros con trinta e sete céntimos) ao I.V.E.

Este proxecto cofinanciarao o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). PO FEDER “Unha maneira de facer Europa”

Esta adxudicación supón a súa aceptación a ser incluído na lista pública que se recolle no artigo 115.2 do Regulamento (UE) 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

 

 
MELLORA DE ACCESOS EN VÍAS MUNICIPAIS DE GUNTIN: ZAIDE, MOUGÁN A GROLOS, CRTA. MOSTEIRO A FONDO DE VILA, IGLESIA MOSTEIRO, O BARRIO, LEBORIZ POR OUTEIRO, NAVALLOS E VILAMEÁ A PRADEDO DE ARRIBA, FERREIRA A CARPACEIRO E SAT ARGABUSÁN PDF Imprimir E-mail
Martes, 03 de Abril de 2018 08:27

Procedemento publicado na Plataforma de Contratos de Galicia. Para ver os detalles do procedemento pincha no seguinte enlace:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=302771

 
OBRAS DE ACCESO A NUCLEOS DO CONCELLO DE GUNTIN:SEIXALBOS, MONTECELO-VILARCABREIRO, VIGO DE ZOLLE, O OUTEIRO E VILARIÑO (SANTA EUXEA), VILARMAO, XUBINO E VILASUSO PDF Imprimir E-mail
Lunes, 17 de Abril de 2017 12:21

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=146535

 
PROXECTO PARA MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS 2016 PDF Imprimir E-mail
Jueves, 11 de Agosto de 2016 12:56

http://www.contratosdegalicia.es/licitacion?N=58628

 

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER ao abeiro da Resolución do 26 de xaneiro de 2016 pola que se aproba o Plan Marco. Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 concedeu unha axuda a este Concello de Guntín por importe de 87.429,98€ para a realización do proxecto denominado PROXECTO PARA MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS 2016.

 

 
OBRAS DE ACCESOS A XUBINO E LAMASALGUEIRA PDF Imprimir E-mail
Jueves, 11 de Agosto de 2016 12:43

 

http://www.contratosdegalicia.es/licitacion?N=58631

 

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza concedeulle unha subvención por importe de 39.991,35€ para o proxecto denominado ACCESO A XUBINO E LAMASALGUEIRA ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2016, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 247, do 29 de decembro).

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 Próximo > Fin >>

Página 1 de 7
Agenda
November 2018
S M T W T F S
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1
Infórmate del tiempo que va a hacer hoy en el Ayuntamiento
Envianos imágenes de tus rincones y fiestas favoritas
Ayuntamiento 982320001 - Centro de Salud de Guntín 982320905 - Centro de Salud de Lousada 982208243 - Guardia Civil 982320007