MELLORA DE SENDAS PEONÍS Imprimir
Escrito por Perfil Contratante   
Miércoles, 16 de Septiembre de 2020 10:24

 

 

Concello de Guntín

 

Mediante Resolución  de data 21/08/2020 da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda resolveuse aprobar a solicitude efectuada por este Concello de Guntín para levar a cabo a actuación denominada MELLORA DE SENDAS PEONÍS EN AREAS (MOTA), BARRIO (MOSTEIRO), XUBÍN E LEBORIZ (CONCELLO DE GUNTÍN), ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da Biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeao Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia nº 32 de 17/02/2020) e na que se concede a este CONCELLO DE GUNTIN unha unha axuda por importe de 18.290,93€ para levar a cabo as actuación contempladas no proxecto denominado MELLORA DE SENDAS PEONÍS EN AREAS (MOTA), BARRIO (MOSTEIRO), XUBÍN E LEBORIZ (CONCELLO DE GUNTÍN), redactado pola Arquitecta Dna. Lucía Fernández Fernández e polo Enxeñeiro en Xeomática e Topografía D. Roberto Porto González cuxo orzamento de execución por contrata ascende á cantidade de 22.132,03€, dos que 18.290,93€ se corresponden co valor estimado e 3.841,10 co I.V.E.